Aquí vos deixo un pequeno vídeo do traballo que
fixemos sobre o relato "Valados" de Agustín Fernández Paz.
O relato descríbenos a amizade entre dous nenos Helena
e Xoel, nunha vila estupenda e con moitas tardes de xogos e soños ao redor dun
carballo. Un día o ambiente do pobo cambia, algo raro está a pasar...pero que
é? De repente Helena e Xoel vense separados por unha reixa que divide a vila:
por un lado a zona máis elegante e rica na que vive a nena e polo outro a zona
vella e máis pobre na que vive Xoel e a súa familia. Os nenos ven día tras día
como a situación empeora, pero non se renden e acordan verse tódalas tardes ao
carón do carballo... e así o fan, aínda que non é fácil porque un garda vixía o
muro e prohibe que os nenos se comuniquen.
Eles, resístense a todas aquelas prohibicións absurdas
e buscan diferentes formas de saber un do outro, primeiro con pelotiñas de
papel, despois con avións...e por último con papaventos. Deste xeito conseguen
vencer dalgunha forma aquel valado inútil construído polo odio, o egoísmo e as
diferenzas.
Aínda son pequenos, pero de seguro que cando sexan
maiores conseguirán derruír por completo aquel valado. SEGURO QUE O
CONSEGUIRÁN.
Nós observamos que tamén nas nosas vilas hai valados
ou muros invisibles, como o machismo, a violencia, etc...cos que temos que
acabar. Tamén somos pequenos, e teremos que loitar moito, pero conseguiremos destruílos
para vivir nun mundo mellor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario