Neste blog poderedes atopar un montón de xogos e actividades cos que poderedes repasar o que damos na clase. Ademais veremos moitos dos vosos traballos así que... ESTADE ATENTOS! :)

jueves, 24 de abril de 2014

VENRES 25 AS LÍRIDAS NO CEO


Chicos, si tedes oportunidade, subide a algún monte ou zona que esté pouco iluminada e mirade ao ceo!! Seredes capaces de ver algunha??


OUTRA NOTICIA (La Voz de Galicia)
Entre eclipses, planetas brillantes y lluvias de meteoros,este mes de abril ha comenzado lo que los astrónomos denominan como «temporada de primavera». Tras eleclipse total lunar del pasado 15 de abril que marcó laprimera luna roja de las «cuatro lunas de sangre» y que abrió todo tipo de teorías apocalípticas y sobre el fin del mundo, sumado a la reciente lluvia de estrellas fugaces de las Líridas abrieron una época de «intensa actividad» astronómica ya que el próximo 29 de abril se podrá observar un eclipse de sol anular.         NOTICIA

miércoles, 23 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO

Hoxe é o día do libro, 23 de abril. No cole reflexionamos sobre a importancia que ten a lectura, non só para a cultura en xeral senón tamén para formarnos como personas críticas, competentes, imaxinativas e un longo etc. O día do libro....SON TÓDOLOS DÍAS.

RECTAS E ÁNGULOS

REPASO A TERRA, ROCHAS E MINERAIS

A continuación déixovos varios enlaces para que podades ir repasando e xogando co tema da Terra, o solo, as rochas e os minerais. Espero que vos gusten!!
Nalgúns, aparecerán cousas que non vimos na clase, pero así ampliamos coñecementos e aprendemos un pouquiño máis.
ENLACE 1    ENLACE 2     ENLACE 3    ENLACE 4     ENLACE 5     ENLACE 6

PROXECTO: INFORMATIVO

Durante estas semanas, tentaremos de facer un informativo na clase. Aquí vos deixo un video para que teñades unha idea de como se prepara un telexornal.
VIDEO

martes, 15 de abril de 2014

LA ODISEA

Aquí vos deixo uns capítulos de debuxos animados sobre "Ulises" e a súa aventura dende que acabou a Guerra de Troia ata que chegou ao seu fogar, Ítaca. 
Como estivemos varios días con este tema e creo que a todos nos pareceu interesante...aquí volos poño. Espero que vos gusten! 

domingo, 13 de abril de 2014

DESCANSANDO

Como xa falamos na clase, estes días toca descansar (e traballar un pouquiño tamén). SE NOS ORGANIZAMOS DANOS TEMPO A TODO.
AQUÍ PODEDES IR CONTANDO COUSAS DOS VOSOS DÍAS SEN COLE, DAS VACACIÓNS, OU O QUE QUEIRADES.

sábado, 12 de abril de 2014

VALADOS

Aquí vos deixo un pequeno vídeo do traballo que fixemos sobre o relato "Valados" de Agustín Fernández Paz.  

O relato descríbenos a amizade entre dous nenos Helena e Xoel, nunha vila estupenda e con moitas tardes de xogos e soños ao redor dun carballo. Un día o ambiente do pobo cambia, algo raro está a pasar...pero que é? De repente Helena e Xoel vense separados por unha reixa que divide a vila: por un lado a zona máis elegante e rica na que vive a nena e polo outro a zona vella e máis pobre na que vive Xoel e a súa familia. Os nenos ven día tras día como a situación empeora, pero non se renden e acordan verse tódalas tardes ao carón do carballo... e así o fan, aínda que non é fácil porque un garda vixía o muro e prohibe que os nenos se comuniquen. 
Eles, resístense a todas aquelas prohibicións absurdas e buscan diferentes formas de saber un do outro, primeiro con pelotiñas de papel, despois con avións...e por último con papaventos. Deste xeito conseguen vencer dalgunha forma aquel valado inútil construído polo odio, o egoísmo e as diferenzas. 
Aínda son pequenos, pero de seguro que cando sexan maiores conseguirán derruír por completo aquel valado. SEGURO QUE O CONSEGUIRÁN.

Nós observamos que tamén nas nosas vilas hai valados ou muros invisibles, como o machismo, a violencia, etc...cos que temos que acabar. Tamén somos pequenos, e teremos que loitar moito, pero conseguiremos destruílos para vivir nun mundo mellor.  

ECLIPSES DE SOL E LÚA

VIDEO 1           VIDEO 2

Aquí vos deixo uns videos sobre os eclipses, algúns son un pouquiño complicados de entender pero son interesantes. 

miércoles, 2 de abril de 2014

ADIVIÑA "O Deus Grego máis rico"

O luns pasado en 4ª C tras ler a lectura de Ulises...comezamos a falar un pouquiño dos Deuses Gregos. Dixemos algo sobre a guerra de Troia, o cabalo, Afrodita, Hades, Marte, Zeus, Neptuno, Xuno, etc...
ESTIVO MOI INTERESANTE...pero..... ó final de todo quedámonos pensando nunha adiviña:
CAL É O DEUS MÁIS RICO DO OLIMPO?
Queredes saber a resposta?
........................................






















Pois o Deus máis rico era.....trrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrr  HADES!!! O Deus do inferno (que non era malo). Era o máis rico porque os materiais máis preciados atópanse baixo terra (ouro, pedras preciosas, etc.) ademáis, os tesouros... onde estaban escondidos case sempre?? DEBAIXO DA TERRA!! E TODO, TODO, TODO O QUE ESTABA BAIXO ELA LLE PERTENCÍA AO DEUS HADES.
 Nesta foto, aparece el co seu can, que se chamaba Cerbero e tiña tres cabezas.

Proximamente.... máis adiviñas!